‘TRALOVENTO’ (Zeitun Films) de Eloy Domínguez Serén, terá a súa estrea internacional no Festival de Morelia e competirá na Sección Oficial do Festival de Sevilla

‘TRALOVENTO’ (Zeitun Films) de Eloy Domínguez Serén, terá a súa estrea internacional no Festival de Morelia e competirá na Sección Oficial do Festival de Sevilla

‘TRALOVENTO’ (Zeitun Films) de Eloy Domínguez Serén, terá a súa estrea mundial no Festival de Morelia e competirá na Sección Oficial do Festival de Sevilla

A longametraxe TRALOVENTO, dirixida polo cineasta galego Eloy Domínguez Serén, iniciará o seu percorrido internacional coa súa estrea no Festival Internacional de Cine de Morelia (México) e a súa participación na Sección Oficial a Competición do Festival de Sevilla. Nas próximas semanas anunciaranse novas estreas e seleccións da película en festivais de Sudamérica e Europa.

Con guión asinado por Eloy Domínguez Serén e Meritxell Colell, a película está protagonizada por Melania Cruz, á fronte dun reparto que conta tamén con Xosé Barato, Gonzalo Uriarte, Mónica García e Denís Gómez. O filme é unha coprodución entre España (Zeitun Films), Grecia (asterisk*) e Portugal (Olhar de Ulisses).

Sinopse: Ana regresa anos despois á súa aldea natal a causa da morte do seu pai no incendio da casa familiar. A súa intención é voltar a Vigo tras o funeral, onde vive coa súa parella, pero sente a inesperada necesidade de quedar, alimentada polos plans dunha empresa eólica de instalar un parque que divide á veciñanza e afecta a terras da súa familia. A implicación de Ana neste conflito fai que se involucre de novo na vida da comunidade, e lévaa a asumir o control do taller de mecánica familiar, así como a reconstruír a casa incendiada dos seus pais. Neste proceso, Ana cuestiona o seu sentido de pertenza e identidade, evoca un pasado doloroso e descobre en si mesma un espírito colectivo e combativo que descoñecía ter.