‘Kiro’ (Miramemira) e ‘A veces me entra tristeza, otras veces rebelión’ (Mordisco Films e Brava) grandes protagonistas do palmarés galego do OUFF Festival Internacional de Cine de Ourense

No OUFF · Ourense Film Festival puxeron este sábado o punto final á súa 31ª edición cunha emotiva Gala de Clausura no Auditorio Municipal de Ourense. A cerimonia, conducida pola xornalista Noelia Rey e o presentador Luis Larrodera baixo a dirección de Iván Iglesias, reuniu a profesionais do audiovisual, premiados e a un público entregado para celebrar unha semana inesquecible de cinema e encontros.

As producións de asociadas de AGAPI protagonizaron o palmarés da Sección Oficial Panorama Galicia. O documental ‘Kiro’ e producido por Miramemira alzouse con tres recpoñecementos dentro do certame: Calpurnia á Mellor Película Panorama Galicia, Mención especial a Mellor Dirección e Premio do Público Panorama Galicia. Este último recoñecemento foi especialmente agradecido pola súa directora, María Yáñez, que plantexou o filme como unha celebración da vida de Ana Kiro e e a súa especial relación co público. Mentras que ‘A veces me entra tristeza, otras veces rebelión’, producida por Mordisco Films e Brava foi recoñecida co Premio a Mellor Dirección para María Aparicio. A arxentina declarou a súa alegría de volver ao festival unha década despois de proxectar no certame o seu primeiro filme.
Durante a gala, o director artístico do festival, Óscar Doviso, quixo destacar a conexión única acadada co público: «Volvemos facer comunidade arredor do cine. Mentres haxa historias que contar, persoas dispostas a contalas e espectadores dispostos a escoitalas, teremos unha razón para seguir aquí».
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou o apoio institucional ao certamen: «Ourense quere cine, sabe facer cine e sabe acoller o cine. O apoio á cultura é unha inversión na nosa identidade e na nosa economía». A velada contou tamén coa emotiva actuación musical do grupo Escuchando Elefantes e pechouse coa proxección de El mal hijo.
