‘La mala madre’ (Mordisco Films) de Alicia Albares, terá a súa estrea mundial no Festival de Sitges. Unha historia de terror sobre a maternidade, a culpa e a obsesión

‘La mala madre’ (Mordisco Films) de Alicia Albares, terá a súa estrea mundial no Festival de Sitges. Unha historia de terror sobre a maternidade, a culpa e a obsesión

‘La mala madre’ (Mordisco Films) de Alicia Albares, terá a súa estrea mundial no Festival de Sitges. Unha historia de terror sobre a maternidade, a culpa e a obsesión

Alicia Albares adéntrase en no cinema de terror con ‘La mala madre‘, a súa primera longometraxe como directora e guionista, que terá a súa estreo mundial o 9 de outubre na 59ª edición do Festival de Sitges, dentro da sección Panorama. Producida pola asociada de AGAPI Mordisco Films xunto con Admirable Films e protagonizada por Thaïs Blume, a película parte dunha historia de medo e secgedos para explorar o lado máis inquedante da maternidade: o medo a perder un fillo, a culpa, o arrepentimento e a obsesión que pode esconderse detrás do desexo de protexer.

A obra conta como Victoria esperta sen lembranzas nunha casa illada. Un médico e unha muller que di ser a súa nai ocúpanse dela e tratan de convencela de que se atopa alí despois de sufrir un accidente no que a súa filla morreu. Pero algo non encaixa. A medida que recupera fragmentos do seu pasado, Victoria empeza a comprender que non está alí por vontade propia e que as persoas que a rodean agochan unha verdade moito máis perturbadora. Secuestros, asasinatos e unha presencia femenina vinculada con aquello que lle ocurreu á súa filla converten a casa no escenario dun pesadelo do que terá que atopar o xeito de escapar.

«Rodar ‘La mala madre’ foi unha experiencia catártica. Este proxecto nace dun lugar íntimo e visceral; dunha mirada persoal que emprega a Victoria, a protagonista, como un alter ego para explorar un camiño que non tomei, pero que habita no meu imaxinario: no da maternidade como mandato», explica a directora.

O proyecto de ‘La mala madre’ ten ademais un longo percorrido previo dentro do circuíto internacional especializado en cine fantástico, co seu paso por iniciativas como Frontières, Blood Window, Festival de Guadalajara (México), Fantastic 7 do Festival de Cannes e Woman in Fan do Festival de Sitges. Tras ese proceso de desenvolvemento, o filme chega agora a Sitges convertido na primera incursión de Albares na logametraxe e no terror desde a dirección.