Categoría: Destacadas Actualidade

‘As Neves’, película producida por Cósmica Producións, terá a súa estrea mundial no Festival de Málaga

O filme ‘As Neves’, dirixido por Sonia Méndez e producido por Cósmica Producións, competirá pola Biznaga na Sección Oficial da 27º do Festival de Málaga. A longametraxe é un drama adolescente ambientado nunha vila ficticia chamada As Neves, onde na noite do entroido un grupo de mozos e mozas celebra …

Dous Goyas para películas producidas por empresas de AGAPI

A celebración da 38 edición dos Premios Goya recoñeceu con dous galardóns ao talento galego. A actriz do Porriño Janet Novás foi recoñecida como a mellor actriz revelación polo seu traballo en ‘O corno’, película dirixida por Jaione Camborda e producida por Esnatu Zinema e Miramemira. A película foi a …

Moitas empresas de AGAPI finalistas nos Premios Mestre Mateo

Lucía Veiga e Denís Gómez anunciaron onte, mércores 7 de febreiro, as candidaturas finalistas da vixésimo segunda edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no museo MEGA. A serie ‘Rapa’, producida por Portocabo, e as longametraxes ‘O corno’, producida por Esnatu Zinema e Miramemira, e ‘Matria’, producida por Matriuska …

Portocabo, Premio da Cultura Galega na categoría audiovisual

A igrexa do antigo convento pontevedrés de Santa Clara acolleu onte, mércores 7de febreiro, a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2023, repartidos en oito categorías. Gañadores Premios da Cultura Galega 2023 en cada modalidade: -Audiovisual: Portocabo –Letras: Yolanda Castaño –Artes Plásticas: Museo do Gravado á Estampa Dixital –Artes Escénicas: PistaCatro –Música: Banda de …

‘O futuro do audiovisual a debate’, 9 de febreiro ás 17h

O vindeiro venres, 9 de febreiro, a Academia Galega do Audiovisual organiza un debate sobre o futuro do audiovisual co gallo das eleccións galegas do 18 de febreiro no que participarán representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria. Terá lugar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da (USC) …

O proxecto ‘Alumbre’ gaña o VIPO Award en Cinemart de IFFR Pro

O proxecto ‘Alumbre’, filme que será producido por Zeitun Films, vén de gañar o VIPO Award en Cinemart de IFFR Pro. O mercado de coprodución de IFFR Pro, sección de industria pertencente ao Festival Internacional de Cine de Rotterdam proporciona cada ano unha lista coidadosamente seleccionada de proxectos en desenvolvemento …

A gala dos Mestre Mateo celebrarase no Coliseum da Coruña o 23 de marzo

A gran celebración anual do audiovisual galego regresa á Coruña. O sábado 23 de marzo o Coliseum acollerá a gala de entrega de premios, un espectáculo que estará presentado polos actores Lidia Veiga e Miguel Canalejo e dirixido pola dramaturga Noemi Rodríguez.  A presentación dos XXII Premios Mestre Mateo tivo …

‘Na Gloria’ unha serie de comedia para estrear AGalega

A vida na Gloria, unha localidade ao pé do Camiño Francés, altérase cando Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida estabecéndose alí. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado aos peregrinos que busquen o …

O filme ‘La Parra’, producido por Filmika Galaika, competirá na sección principal de Róterdam

‘La Parra’, película dirixida por Alberto Gracia e producida por Filmika Galaika, foi seleccionada na Competición Tiger do Festival de Róterdam 2024. A película de Gracia, a súa terceira longametraxe, recibe o seu nome da coñecida pensión ferrolá de La Parra. O cineasta ambientou esta historia de ficción na súa …

A CRTVG presenta AGalega, unha nova plataforma dixital de contidos

‘AGalega é moito máis’. Este é o slogan co que nace a plataforma dixital de contidos audiovisuais da CRTVG: AGalega. Coa súa estrea, a CRTVG reconfigura a súa estrutura dixital e ofrece os seus contidos de ficción, entretemento, cine, series, animación, documentais, podcasts, directos e contidos exclusivos, a través da …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies