A produtora e directora Chelo Loureiro, asociada de AGAPI, III Premio Diboos de Honra pola súa gran contribución ao sector da animación
A productora, directora e guionista galega Chelo Loureiro, asociada de AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independentes), vén de recibir o III Premio DIBOOS de Honra. Recoñecemento concedido pola Federación Española de Productoras de Animación e Efectos Visuais (DIBOOS), que ten como obxectivo premiar a aquelas figuras ou entidades con unha traxectoria fundamental para o crecemento e o recoñecemento internacional da animación.
A cerimonia de entrega tivo lugar este venres 16 de outubro durante a 18.ª edición do mercado audiovisual Weird Marketque celebrado este ano en Sitges, en colaboración co Festival Internacional de Cine Fantástico de Cataluña. Coa concesión deste galardón Chelo Loureiro súmase a un palmarés no que tamén figuran os cineastas Enrique Gato (2025) e Pablo Berger (2024).

Nada en Ferrol e fundadora en 2007 da produtora Abano Producións, Chelo Loureiro é unha das figuras de referencia e máis influentes do panorama audiovisual actual. Ao longo da súa carreira impulsou máis de 25 obras entre longametraxes, curtametraxes, series e documentais, coas que colleitou máis de 300 recoñecementos internacionais, cinco Premios Goya, un Premio Gaudí e trece Premios Mestre Mateo.
Entre os seus traballos máis destacados atópanse Valentina (2021) —a súa debute na dirección e Goya á Mellor Película de Animación—, Unicorn Wars (2022) de Alberto Vázquez, El sueño de la sultana (2023) d’Isabel Herguera —primeira película europea de animación en competir na Sección Oficial do Festival de San Sebastián e gañadora do Grand Prix Contrechamp en Annecy— e Decorado (2025), Goya a Mellor Película de Animación en 2026.
Destacada polo seu compromiso co cine de autor, co impulso de novos talentos e coa igualdade no sector audiovisual, Loureiro foi recoñecida en 2024 coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Ademais do seu papel activo en AGAPI e CIMA (onde foi delegada territorial en Galicia), é membro da Academia de Cine de España, da Academia Galega do Audiovisual e da Xunta Directiva do Clúster Audiovisual Galego.