Etiqueta: formacion

Formación Proxecta “festivais de cinema e dereitos de autor”

Desde Proxecta organizan unha formación en liña para o luns, 27 de marzo, sobre dereitos de autor e propiedade intelectual. Martín Bello, avogado especialista en propiedade intelectual e industrial será a persoa encargada de impartir esta formación de carácter práctico. En concreto, estudaranse aquelas situacións nas que os dereitos de propiedade intelectual poidan …

A Deputación de Pontevedra colabora con AGAPI na celebración dun roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e AGAPI colaboran co roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o apoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. Esta actividade, que xa se pode solicitar a través da sede electrónica da Deputación, busca dar visibilidade ás mulleres do sector audiovisual galego, …

AGAG organiza un curso de interpretación para actores, actrices, guionistas e directores/as

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), organiza o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as. Con esta actividade búscase atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista. Actores, actrices, guionistas e directores/as traballan na mesma maquinaria: …

Aberto o prazo de inscrición na VIII edición do Conecta+

Xa está aberto o prazo de inscrición na VIII edición do CONECTA PLUS, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC, Deputación de Pontevedra e a Fundación SGAE. Será o 10 de decembro de 2022, este ano …

A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha nova charla gratuíta sobre o proceso de escritura na serie ‘Toy Boy’

A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha nova charla gratuíta en colaboración con DAMA “A PRIMERA PEDRA: ESCRIBIR E O QUE VEÑA”. Desta volta falarán da relación entre o guión e a montaxe, e contarrán coa participación dos guionistas Pablo Roa e Fernando Sancristóbal e co supervisor de montaxe Ángel …

Agapi relanza a canle de youtube con novos contidos

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) reforza a súa presencia en youtube con unha canle de contidos audiovisuais. A canle AGAPI_COMUNICA pon a disposición dos usuarios un total 20 xornadas formativas agrupadas en listas temáticas sobre ‘Financiamento e xestión de proxectos no audiovisual‘, ‘Coprodución e mercado internacional‘, ‘Audiovisual e educación‘ …

Continúa o roteiro de ‘Elas, produtoras executivas’ por diferentes institutos públicos da provincia da Coruña

O roteiro de ‘Elas, produtoras executivas’ que deu comezo hai unhas semanas contiúa o seu percorrido por diferentes institutos públicos da provincia da Coruña. Esta iniciativa de empoderamento femino conta coa subvención da Deputación da Coruña e permite achegar o visionado dun documental seguido dun coloquio a seis institutos públicos …

Webinar sobre ferramentas de xestión dixital para promover a eficiencia no traballo en rede

O vindeiro 19 de setembro, das 10 ás 12h, terá lugar o webinar “Ferramentas de xestión dixital para promover a eficiencia no traballo en rede” organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y …

A Academia Galega do Audiovisual organiza unha xornada profesional sobre ‘O argumento como instrumento para a produción’ con Eliseo Altunaga

Esta formación terá lugar o vindeiro sábado, 11 de xullo, en horario de 11 a 14h no Centro Ágora da Coruña. A entrada será de balde previa inscrición. Tedes máis información no link.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies