O ciclo “A lingua galega no cinema” volve a Vigo da man de Simone Saibene (Noveolas Producciones)
Tras o éxito acadado na primeira edición, regresa a Vigo o ciclo A lingua galega no cinema, coordinado por Simone Saibene, da nosa produtora asociada Noveolas Producciones. Coa colaboración da Universidade de Vigo e o apoio da Deputación de Pontevedra e do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Unha ocasión para ver obras audiovisuais de alta calidade e reflexionar sobre a lingua galega no ámbito do cinema cunha serie de charlas-coloquio que seguirán ás proxeccións e que contarán coa presenza de recoñecidos directores e guionistas na provincia de Pontevedra, como son Fon Cortizo ou Coral e Laura Piñeiro, ou películas gravadas na provincia como Antes de nós de Ángeles Huerta, gravada entre Rianxo e Pontevedra ou Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño, filmada case enteiramente en Vigo.
Auditorio do Edificio Cambón (rúa Oliva, 3) do casco vello de Vigo | Entrada de balde ata completar aforo

A programación, que se estenderá de outubro a novembro de 2025, inclúe as seguintes proxeccións, enmarcadas nos ámbitos da literatura, da animación e da historia do cinema en lingua galega:
A lingua da historia | 15/10/2025 |19:00 horas
Proxección: Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño | Intervén: Zeltia Outeiriño (directora)
A lingua da literatura | 22/10/2025 | 19:00 horas
Proxección: Antes de nós de Ángeles Huerta | Intervén: Cristina Iglesias (actriz)
A lingua da historia | 29/10/2025 | 19:00 horas
Proxección: Prefiro condenarme de Margarita Ledo Andión | Intervén: Margarita Ledo Andión (cineasta)
Curtametraxes | 05/11/2025 | 19:00 horas
Proxeccións coa intervención dos directores
Na pel da memoria de Coral e Laura Piñeiro
To bird or not to bird de Martín Romero
Histeria do meu pequeno mundo de Pablo Fontenla
Pura de Carmen Méndez
Abellón de Fon Cortizo