Arrinca o curso de Produción Executiva Avanzada organizado por Agapi e OFF ESCAC

Arrinca o curso de Produción Executiva Avanzada organizado por Agapi e OFF ESCAC

Arrinca o curso de Produción Executiva Avanzada organizado por Agapi e OFF ESCAC

AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes e OFF ESCAC, a Escola de Oficios da Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, únense unha vez máis para a organización dun curso de Produción Executiva Avanzada.

O curso celebrarase en formato presencial na sede da SGAE en Santiago de Compostela e terá lugar os días 20, 21, 22, 23, 29 e 30 de outubro, cun total de 45h de duración. O curso está conformado por tres bloques de contidos, impartidos polos profesionais Rodolphe Sanzé, Sandra Tapia e Noemí Cuetos.

O curso estrutúrase en tres bloques de contidos e está dirixido aos produtores das empresas asociadas a AGAPI, que cubriron as 20 prazas dispoñibles.

Bloque 1: Posicionamento Estratéxico do Produtor Executivo, impartido por Rodolphe Sanzé.

-Bloque 2: Financiamento e Modelos de Empresa, impartido por Sandra Tapia.

-Bloque 3: Posicionamento e Mercados, impartido por Noemí Cuetos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies