CREA abre o prazo de inscrición da 13ª edición de CONECTA, a súa xornada de encontro entre creadores/as

CREA abre o prazo de inscrición da 13ª edición de CONECTA, a súa xornada de encontro entre creadores/as

CREA abre o prazo de inscrición da 13ª edición de CONECTA, a súa xornada de encontro entre creadores/as

CREA (Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia) organiza un ano máis CONECTA, a súa 13ª edición. Co patrocinio de AGADIC e da Fundación SGAE e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas.

Este encontro está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeiras/os de viaxe. Está dirixido a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento.A mecánica consiste nunha serie de reunións un a un onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el (podedes explicar ideas ou, pola contra, escoitalas e dar consello).

O evento terá lugar o sábado 8 de novembro de 2025 na Sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición remata o luns 3 de novembro ás 23:59 h e debe realizarse a través da web de CREA.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies