CREA abre o prazo de inscrición de CONECTA LAB 2025, o seu laboratorio de impulsa e acompañamento de proxectos audiovisuais
CREA (Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia) abre o prazo de inscrición de CONECTA LAB 2025, laboratorio para creadores/as audiovisuais, que impulsa e acompaña o seu proceso de creación, escrita e desenvolvemento de longametraxes e series (tanto de ficción como documentais)
Os proxectos seleccionados recibirán asesoramento de guión e dirección por parte de profesionais recoñecidos/as, durante unha residencia artística de sete días que terá lugar na Illa de San Simón (Pontevedra). A residencia da edición 2026 terá lugar entre os días 14 e 20 de abril.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 20 de decembro, unicamente para proxectos de autoría galega (creados por persoas nadas ou con residencia en Galicia). Información ampliada en https://www.crea.gal/conectalab/
O laboratorio está organizado por CREA co patrocinio da Xunta de Galicia a través de Agadic e de DAMA.
