A rapazada da provincia de Pontevedra adéntrase no mundo cinematográfico a través das xornadas educativa “O oficio de producir” da man de AGAPI e a Deputación
As xornadas educativas “O oficio de producir”, iniciativa da Asociación Galega de Produtoras Independentes en colaboración coa Deputación de Pontevedra, percorreu os centros educativos da provincia. O proxecto buscou achegar ao alumnado a realidade do audiovisual galego e as posibilidades que o sector lles pode ofrecer no futuro. Unha experiencia realmente satisfactoria, onde a rapazada demostrou ter unha interese crecente polo mundo cinematográfico.

O 13 de outubro tivo lugar a primeira das xornadas no CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López (O Porriño), da man de Alba Prol, da nosa produtora asociada Meteórica Cinema.

Continuamos o xoves 16 de outubro, no que celebramos dúas xornadas educativas “O oficio de producir” en diferentes puntos da provincia. Por un lado, Simone Saibene, da nosa productora asociada Noveolas Producciones, asistíu ao CEIP Mondariz Balneario.

Por outra banda, Dani Froiz, da nosa produtora asociada Matriuska Producciones, presentou estas xornadas educativas o mesmo día no CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio).

Gael Herrera, da nosa produtora asociada Tamboura Producións, asistiu ao CEIP Coirón – Dena (Meaño) o 17 de outubro.

Mentras que Mercedes García e Mónica Hidalgo da nosa productora asociada M International Audiovisual, presentaron a xornada educativa o 20 de outubro no CPR Padres Somascos (A Guarda)

O 27 de outubro tivo lugar a última das sesións das xornadas educativas “O oficio de producir”. Tivo lugar no CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro (Gondomar), ao que asistiron Álvaro Becerra e Laura Canto, da nosa produtora asociada Undodez.