A 19º edicion do I+P, Ideas para Producir, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, recolle 7 proxectos de produtoras asociadas de AGAPI
A 19ª edición do I+P, Ideas para Producir, organizada polo Clúster Audiovisual Galego e que se celebrará os días 27 e 28 de novembro no espazo Coruña Estudio Inmersivo – CEI, acollerá a presentación de 18 proxectos de cine e televisión. Sete dos cales, pertencen ás nosas produtoras asociadas. Os títulos dos proxectos participantes foron seleccionados entre os case 200 rexistrados no I+P 2025. A selección final presenta unha ampla diversidade de traballos, que á súa vez se encontran en diferentes fases de desenvolvemento, e inclúe longametraxes e series de ficción, animación e documentais.

No eido cinematográfico, que recolle longametraxes de ficción, animación e documentais, atópanse os seguintes títulos pertencentes ás nosas produtoras asociadas de AGAPI:
· Rumbo ás estrelas – Meteórica Cine
· Mary Quintero, más de 90 años de creatividad – Producciones Vigo
· Golpear a un coloso – Recrea Films
· Nora y la dama del Anboto – Abano Producións
No eido televisico, que recolle series de ficción, animación e documentais, atópanse os seguintes títulos pertencentes ás nosas produtoras asociadas de AGAPI:
· Becho – Artyc Content
· Lola, Porco & Paco – Undodez
· Incalculable – Tamboura Films