Agapi organiza un novo roteiro de mulleres produtoras executivas coa subvención da Deputación da Coruña

Agapi organiza un novo roteiro de mulleres produtoras executivas coa subvención da Deputación da Coruña

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza un novo roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ coa finalidade de potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual.

Esta iniciativa de empoderamento femino conta coa subvención da Deputación da Coruña (FO215) e permite achegar o visionado dun documental seguido dun coloquio a seis institutos públicos da provincia da Coruña.

Durante este mes de outubro, produtoras executivas como Olaia Ledo ou Paula Cons visitarán diferentes centros de ensino co obxectivo de dar visibilidade ás produtoras executivas galegas entre o alumnado incrementando o número de referentes de mulleres en postos directivos e empresariais.

A primeira visita terá lugar o 13 de outubro no IES As Telleiras de Narón coa participación no coloquio da produtora Olaia Ledo. Nas vindeiras semanas anunciaremos novos encontros.

Segue a ser necesario destacar o importante papel das mulleres nunha industria creativa como é o audiovisual. Son moitas as produtoras executivas que lideran as principais empresas en Galicia, sendo así unha excepción ao panorama estatal que cabe recoñecer.

No ano 2021 Agapi iniciaba o camiño para o recoñecemento e empoderamento das produtoras executivas galegas coa produción dunha peza documental, que contou co apoio do II Fondo de Proxectos Xacobeo, titulada ‘Elas, produtoras executivas’. Este roteiro continúa a senda iniciada coa visita a Institutos de Educación Secundaria da provincia da Coruña para achegar á sociedade o papel capital das mulleres na produción audiovisual a través do visionado deste documental ‘Elas, produtoras executivas’ (26 min) seguido dun debate coa mocidade por parte das súas protagonistas.

Esta actividade busca aumentar o interese no feminismo, logrando a visibilidade das produtoras executivas galegas ao tempo que aumenta a conciencia crítica e contribúe a acadar unha igualdade real.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies