Hoxe, día 13 de outubro, comezan as xornadas educativas “O oficio de producir”, iniciativa da Asociación Galega de Produtoras Independentes en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O proxecto busca achegar ao alumnado a realidade do audiovisual galego e as posibilidades que o sector lles pode ofrecer no futuro.
En total serán seis centros educativos os que participarán deste proxecto no que un total de seis produtoras galegas diferentes achegarán as súas visións do oficio de producir. A relación de centros e participantes é a seguinte:
O Porriño
CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López
13.10.25, ás 12h
Con: Alba Prol, Meteórica
Mondariz- Balneario
CEIP Mondariz-Balneario
16.10.25, ás 10h
Con: Simone Saibene, Noveolas
Poio
CEIP Plurilingüe de Chancelas
16.10.25, ás 10:30h
Con: Dani Froiz, Matriuska Producións
Meaño
CEIP Coirón-Dena
17.10.25 ás 9h
Con: Gael Herrera, Tamboura
A Guarda
CPR Padres Somascos
20.10.25, ás 11h
Con: Mercedes García-Nieto e Mónica Hidalgo, M international Communication
Gondomar
CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro
27.10.25, ás 10h
Con: Álvaro P. Becerra, Undodez
