AGAPI IMPULSA COPROS 4, o programa de asesoría personalizada de proxectos da Asociación de Produtoras Independentes, acolle o día 10 de xullo o primeiro dos webinarios da edición. O relatorio versará arredor da protección dos dereitos de autoría no sector audiovisual e será impartido pola avogada María Blanco, de MBR Abogados. A letrada, experta en propiedade industrial e intelectual, dereito mercantil e protección de datos, compartirá cos asistentes os coñecementos adquiridos nos seus máis de 15 anos de experiencia asesorando a creadores, emprendedores e empresas.
Desde AGAPI, consideramos fundamental a formación arredor destes contidos de cara á realización segura de calquera proxecto audiovisual. É por iso que a través do webinar con María Blanco, buscamos que os/as creadores/as de Agapi Impulsa Copros 4, solventen calquera tipo de dúbida sobre os dereitos de autoría e dominen os procedementos que istos implican.
O webinario terá lugar o xoves 10 de xullo de 2025 ás 11h, vía Zoom. E está destinado aos creadores/as de AGAPI IMPULSA COPROS 4, así como aos socios/as de AGAPI.
