“Deseño de son para cinema”, webinario de Agapi Impulsa Copros 4, da man da nosa produtora asociada Cinemar Films
AGAPI IMPULSA COPROS 4, o programa de asesoría personalizada de proxectos da Asociación Galega de Produtoras Independentes, acolle o día 28 de xullo o segundo dos webinarios da edición. Tras o éxito do anterior relatorio adicado aos dereitos de autoría no sector audiovisual, continuamos co webinar “Deseño de son para cinema” impartido pola nosa productora asociada Cinemar Films.
Posicionado como único estudo de son cinematográfico de Galicia homologado por Dolby, Cinemar Films conta con máis de 15 anos de experiencia que o sitúan como estudo referencia no séctor audiovisual. Edición, foley, deseño sonoro, misturas, dobraxe… Cinemar Films abrangue tódolos procesos de posprodución sonora. Coñecementos que transmitirán aos novos/as creadores/as participantes de Agapi Impulsa Copros 4.

O webinario terá lugar o luns 28 de xullo de 2025 ás 11h, vía Zoom. E está destinado aos creadores/as de AGAPI IMPULSA COPROS 4, así como aos socios/as de AGAPI.