“O traballo de script nas rodaxes”, webinario de AGAPI IMPULSA COPROS 4, da man de Alba Gallego

“O traballo de script nas rodaxes”, webinario de AGAPI IMPULSA COPROS 4, da man de Alba Gallego

“O traballo de script nas rodaxes”, webinario de AGAPI IMPULSA COPROS 4, da man de Alba Gallego

AGAPI IMPULSA COPROS 4, o programa de asesoría personalizada de proxectos da Asociación Galega de Produtoras Independentes, acolle o día 4 de setembro o terceiro dos webinarios da edición. 

Nesta ocasión contamos coa recoñecida profesional Alba Gallego, da nosa productora asociada Kraken Media.  A súa experiencia como script comeza en 2013 na serie “Luci”, producida por Portocabo, e dende entón traballou en series como “Rapa”, “Marbella”, “Weiss & Morales”, “La Unidad”, “Néboa”… e longametraxes como “Ons”, de Alfonso Zarauza, “Fatum” de Juan Galiñanes, ou “Jacinto” de Javi Camino. Converténdose nunha referente no sector audiovisual galego e estatal. 

O webinario terá lugar o xoves 4 de setembro de 2025 ás 11h, vía Zoom. E está destinado aos creadores/as de AGAPI IMPULSA COPROS 4, así como aos socios/as de AGAPI.