AGAPI, en colaboración co OUFF, presenta o III Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras (PAP), que terá lugar en Laias
Despois dos éxitos colleitados en anteriores edicións, a Asociación Galega de Produtoras Independentes AGAPI, en colaboración co Festival de Cine de Ourense OUFF, organiza o III Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Productoras (PAP) os días 28, 29 e 30 de setembro no Balneario de Laias. Un encontro que busca fortalecer a colaboración entre federacións de produtoras e trazar unha estratexia común para afrontar os retos actuais do sector audiovisual en España.

Segundo Felipe Lage Coro, presidente de AGAPI, este encontro «é un espazo esencial para a reflexión, o diálogo e o traballo conxunto entre as principais federacións e asociacións de produtoras audiovisuais de todo o estado, que representan o 90% da produción independente española. É unha oportunidade única para que o sector se cohesione e avance en propostas comúns ante os retos que temos por diante».
O principal obxectivo do encontro é conseguir unha mellora na comunicación entre as federacións que conforman a PAP e definir unha liña de acción concreta conxunta, así como aumentar a capacidade de traballo colaborativo e lograr un impacto de resultados positivos.
