“O oficio de producir” chega aos centros escolares de Pontevedra da man de AGAPI e a Deputación

“O oficio de producir” chega aos centros escolares de Pontevedra da man de AGAPI e a Deputación

“O oficio de producir” chega aos centros escolares de Pontevedra da man de AGAPI e a Deputación

As xornadas educativas “O oficio de producir”, iniciativa da Asociación Galega de Produtoras Independentes en colaboración coa Deputación de Pontevedra, chega aos centros educativos da provincia. O proxecto busca achegar ao alumnado a realidade do audiovisual galego e as posibilidades que o sector lles pode ofrecer no futuro. 

Na presentación en Pontevedra de “O oficio de producir” o deputado de Cultura, Jorge Cubela, sinalou “como o audiovisual pode ser unha ferramenta moi útil para transmitir valores, a historia, a xeografía e mesmo a lingua galega”. Asi como a vontade que a Deputación ten de “apoiar o tecido asociativo e contribuír á difusión e profesionalización da industria para que poidamos ser un auténtico plató de cinema grazas á exposición tan brillante que está tendo o sector”.

As xornadas (a falta de concretar as últimas datas) comezarán o 15 de outubro no CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López, no Porriño, con Alba Prol (directora do documental “O gran Camiño” e produtora executiva na empresa Meteórica), e no CEIP Mondariz-Balneario con Simone Saibene (fundador da produtora independente Noveolas, ademais de docente e crítico cinematográfico). O día seguinte, o 16 de outubro, continuarán no CEIP Plurilingüe de Chancelas, en Poio, con Dani Froiz (responsable da produción executiva en Matriuska Producións), e retomaranse o 20 de outubro no COR Padres Somascos, na Guarda, con Mercedes García-Nieto e Mónica Hidalgo (fundadoras de M International Audiovisual). As xornadas continuarán no CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, en Gondomar, e no CEIP Coirón-Dena, en Meaño, coa participación de Gael Herrera (produtora executiva en Tamboura Films) e Álvaro P. Becerra (produtor de contidos audiovisuais, escénicos e eventos e cofundador de Ainé e Undodez).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies