AGAPI e OFF ESCAC organizan a mesa redonda “Produtoras emerxentes no cinema de animación” no marco de NEXUS INTERSECCIÓN
O vindeiro venres 3 de outubro o Festival Internacional de Cine de A Coruña INTERSECCIÓN acollerá a mesa redonda “Produtoras emerxentes no cinema de animación”, patrocinada por OFF ESCAC e co apoio de AGAPI Asociación Galega de Produtoras Indepentes.
A mesa estará conformada polas produtoras María Barro de Abano Producións, Mikel Mas de Cornelius Films e Pilar Maestre Whoopi Productions. Tendo como moderadora a Uxía Caride, xerente de AGAPI.
O encontro terá lugar no marco de NEXUS, espazo de industria do festival e terá lugar na Sala Palexco en A Coruña, de 12:00h a 13:30h. O acceso é libre con previa inscrición no correro nexus@interseccion.gal
