AGAPI organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz as xornadas de formación “Produción independente galega na provincia de Pontevedra” na Facultade de Comunicación da UVigo
A AICE Asociación de Informadores Cinematográficos de España celebrará os Premios Feroz por segundo ano consecutivo na cidade Pontevedra. A entrega de premios virá precedida dunha ampla programación de actividades que arracan este mes de outubro e que volverán a convocar a numerosas personalidades do audiovisual español.
Unha destas actividades son as xornadas de formación ‘Produción independente galega na provincia de Pontevedra’, organizadas por AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz. O evento terá lugar o martes 14 de outubro na Facultade de Comunicación de la UVigo en Pontevedra cun programa que inclúe tres mesas de debate arredor do estado do sector conformadas por varias da productoras asociadas de AGAPI.
A entrada é libre ata completar aforo.

Produción independente galega na provincia de Pontevedra
10:00 – 11:15 | Produtoras da provincia de Pontevedra e camiño internacional
Participan: Mercedes G. Nieto e Mónica Hidalgo (M International Audiovisual), Dani Froiz (Matriuska Producións) e Diego R. Aballe (Coven Films)
11:30 – 12:30 | As rodaxes na provincia de Pontevedra
Participan: Silvia Fuentes (Sétima) e Alfonso Zarauza (Maruxiña Film Company)
12:30 – 13:30 | Mulleres que contan
Participan: Alba Gallego (Kraken Media), Beli Martínez (Filmika Galaika) e Nati Juncal (Cósmica Producións)
Modera: Uxía Caride, xerente de AGAPI
A gala dos Premios Feroz terá lugar o sábado 24 de xaneiro no Pazo de Cultura de Pontevedra, onde se destacará o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada.