AGAPI presenta aos mentores e proxectos seleccionados para a 4ª edición de Agapi Impulsa Copros

AGAPI presenta aos mentores e proxectos seleccionados para a 4ª edición de Agapi Impulsa Copros

AGAPI IMPULSA COPROS, o programa de asesoría personalizada de proxectos da Asociación de Produtoras Independentes, xa ten os 5 proxectos seleccionados desta 4ª edición. Jaione Camborda (Esnatu Zinema), Alberto Díaz (Mordisco Films), Alberto Domínguez (Tréboa), Olaia Ledo (NÓS Produtora Cinematográfica Galega) e Alfonso Zarauza (Maruxiña Film Company) serán os mentores nesta ocasión.

Foto: Mentores e mentoras 4º edición, Jaione Camborda, Alberto Díaz, Alberto Domínguez, Olaia Ledo e Alfonso Zarauza

Un ano máis, aa recepción de candidaturas de participación foi elevada, cunha numerosa cantidade de propostas de todas as tipoloxías. Tras a reunión do comité de selección, conformado por Marta Eiriz (Danga Danga Audiovisuais), Rosa Taboada (Martela Films) e Simone Saibene (Noveolas Producciones), e unha difícil deliberación, obtívose como resultado a seguinte listaxe de proxectos:

· ALÚMINA (o mi madre y el vacío) | Manuel Lógar | Longametraxe documental
· Avión | Miguel Cavadas | Serie de ficción
· LOUXA | Cristina Yáñez | Longametraxe de ficción
· O idioma dos abanicos | Rebeca Tella | Longametraxe de ficción
· Son Soniños | Miguel Casaseca | Serie de animación

Foto: Creadores seleccionados 4ºedición, Miguel Cavadas, Manuel Lógar, Cristina Yáñez, Rebeca Tella e Miguel Casaseca

A axenda de mentorías comenzará a finais de xuño, chegando a unhas seis reunións (cada 15 días) nas que mentores e creadores abordarán temas como guión e orzamento, plan de financiamento e de rodaxe, ou preparación de dossier e videopitching. Ao longo dos tres meses de duración de AGAPI IMPULSA COPROS, os participantes disfrutarán tamén de diversos webinarios dedicados a varios temas relacionados co audiovisual. O primeiro deles terá lugar o 10 de xullo e versará arredor da protección dos dereitos de autoría.