Categoría: Destacadas Actualidade

‘A Cero.5’, dirixida por Gonzalo Suárez e producida por Agallas Films, estrearase en cines o vindeiro 24 de marzo

‘A Cero.5’ é unha longametraxe documental do director Gonzalo Suárez Garayo sobre a súa experiencia coa discapacidade e o AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas. Producida pola empresa galega Agallas Films e a portuguesa Take 2000, Conta coa participación da TVG, RTVG, co apoio de Agadic, Ibermedia …

AGAPI presenta ao comité de selección para a II Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de facer público o comité de selección para a II Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuito de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. Este comité, formado por profesionais de recoñecido …

Chega a Semana de Cinema Galego, da man da Academia Galega do Audiovisual

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha cita consagrada ao talento máis próximo, exhibirá durante seis días no Teatro Colón nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, do 14 ao 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Programación completa Hoxe mércores …

Manolo González presenta mañá (mércores 15) ‘Nos días encantados de agosto’, a súa biografía de José Gil, en NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o próximo mércores 15 de marzo ás 20h00 a presentación da biografía sobre a figura de José Gil, titulada «Nos días encantados de agosto», editada por Galaxia. O autor estará acompañado no acto pola cineasta Margarita Ledo Andión e o docente e xornalista Manuel Gago. A entrada é libre ata completar aforo.  …

Moitas empresas de AGAPI galardoadas na XXI edición dos Premios Mestre Mateo

A edición máis ourensá dos Premios Mestre Mateo consagrou ‘O corpo aberto’ como Mellor Película. O filme dirixido por Ángeles Huerta e producido por Ollovivo, fíxose con 12 das 16 figuras ás que era candidata. O premio á Mellor Película de animación foi para ‘Unicorn Wars’, dirixida por Alberto Vázquez …

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Ourense

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o empoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. O roteiro está dirixido ao alumnado de 4º da ESO por ser o curso inmediatamente anterior ao Bacharelato, etapa crucial na selección e …

A Deputación de Pontevedra colabora con AGAPI na celebración dun roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e AGAPI colaboran co roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o apoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. Esta actividade, que xa se pode solicitar a través da sede electrónica da Deputación, busca dar visibilidade ás mulleres do sector audiovisual galego, …

Directoras e produtoras executivas de Agapi reflexionan sobre a conciliación no audiovisual nunha mesa debate celebrada co apoio da Deputación de Pontevedra

Directoras e produtoras como Paula Cons, Jaione Camborde, Gael Herrera e Adriana P. Villanueva participaron no debate no que apelaron á corresponsabilidade e esixiron máis reflexións e a creación dunha comisión de xestión A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación vén de organizar no Pazo provincial a mesa redonda …

A Xunta Directiva da Culturgal convoca a praza de dirección da edición do 2023

A Feira celebra a súa 16ª edición, do 1 ao 3 de decembro de 2023 en Pontevedra, e abre un proceso selectivo até o vindeiro 8 de marzo. Búscase un profesional con experiencia en coordinación e dirección de proxectos culturais, de equipos humanos, con capacidade de interlocución co tecido artístico …

A curta ‘Ulises’, dirixida por Félix Bríxel e producida por Gaitafilmes competirá na Sección Oficial de Curtametraxes do Festival de Málaga

A curtametraxe Ulises, dirixida por Félix Bríxel e producida por Gaitafilmes foi seleccionada na Sección Oficial de Curtametraxes do Festival de Málaga. Rodada na aldea de Mestre (Ribeira de Piquín) e na Serra do Xistral conta co apoio do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e …