A Deputación de Pontevedra colabora con AGAPI na celebración dun roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra colabora con AGAPI na celebración dun roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e AGAPI colaboran co roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o apoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. Esta actividade, que xa se pode solicitar a través da sede electrónica da Deputación, busca dar visibilidade ás mulleres do sector audiovisual galego, pouco coñecidas en relación á fortaleza e recoñecemento dos que goza o sector, e en relación ao seu excelente nivel de desempeño en labores como a produción executiva ou a dirección.

O roteiro está dirixido ao alumnado de 4º da ESO por ser o curso inmediatamente anterior ao Bacharelato, etapa crucial na selección e dirección dos estudos do futuro, e busca aumentar o interese no feminismo, incrementar a conciencia crítica da xuventude, descubrir en que consiste a produción executiva e dar visibilidade ás produtoras executivas galegas.

A actividade constará da proxección do documental ‘Elas, produtoras executivas’, unha peza na que se pon en valor o traballo das produtoras executivas contado en primeira persoa por elas mesmas, cun alto valor simbólico ao poder ser un referente para espertar vocacións entre a mocidade. E, ao remate, terá lugar un espazo de debate feminista, moderado pola xornalista Mónica V. Lopo, con algunhas das protagonistas do documental, que falarán sobre as súas experiencias, a súa traxectoria así como dos seus plans de futuro, como Paula Cons, Amalia Mato, Alba Prol, Silvia Fuentes, Mónica Hidalgo, Beli Martínez, Ruth Chao, Alba Gallego, Sofía Arangüena, Adriana P. Villanueva, Gael Herrera, Olaia Ledo, Chelo Loureiro, Laura Doval ou Nina Hernández.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies