Categoría: Actualidade

O documental ‘A Cero .5’, de Gonzalo Suárez Garayo estrearase o 20 de maio a través da plataforma Filmin

Estreada na SEMINCI, a película documental que agora chega a Filmin, narra o proceso de reconstrución dun estudante de cine que tras unha lesión medular decide coller unha cámara e documentar todo o proceso ata a súa entrada nun equipo de baloncesto en cadeira de rodas. É unha produción de …

Felipe Lage Coro, presidente de AGAPI e fundador de Zeitun Films, seleccionado para participar no ‘Producers on the move’ (Cannes)

Felipe Lage Coro, fundador e director de Zeitun Films e presidente de AGAPI, vén de ser seleccionado no ‘Producers on the Move’ do Festival de Cannes como un dos 20 produtores de todo o mundo. European Film Promotion (EFP) xa seleccionou aos 20 produtores europeos emerxentes para a súa nova …

Agapi publica o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego 2021

Un ano máis, como vén acontecendo desde o ano 2005, Agapi publica o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego 2021. O Anuario que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Agadic, xa está dispoñible para a súa consulta e descarga en liña. Esta publicación e as …

‘Rompente’, producida por Zeitun Films, estréase este venres, 6 de maio, no Auditorio de Rianxo ás 21h

A curtametraxe de ficción ‘Rompente’ terá a súa estrea en Galicia este venres, 6 de maio, ás 21h no Auditorio de Rianxo, logo do seu paso polo Festival de Málaga, onde acadou a Biznaga de Plata á mellor curtametraxe do certame andaluz. Producida por Zeitun Films e dirixida por Eloy …

‘Unicorn Wars’, producida por Abano, seleccionada en competición oficial no Festival de Annecy

A esperada película de Alberto Vázquez, ‘Unicorn Wars’, producida por Abano Producións, vén de ser seleccionada en competición oficial no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy. O Festival de Annecy, que celebrará a súa 46ª edición na localidade francesa do 13 ao 18 de xuño é o certame …

A serie ‘Rapa’, producida por Portocabo, chegará o 19 de maio a Movistar Plus

A serie producida por Portocabo para Movistar Plus, ‘Rapa’, chegará á plataforma de forma íntegra o vindeiro 19 de maio. Creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé, con Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva, a serie de seis episodios de 50 minutos …

Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?”

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro mércores 27 de abril unhas xornadas de formación dedicadas a analizar aspectos relacionados coa produción executiva e dirección audiovisual por parte de voces tan destacadas como Chelo Loureiro, Paula Cons, Ruth Chao ou Jaione Camborda. Baixo o título: “Produtora executiva e …

Na época da inmediatez a curtametraxe debería ter máis visibilidade

Vivimos indubidablemente na época da inmediatez, onde a creación de contido en redes sociais está a provocar que a nosa capacidade de atención sexa cada vez máis curta. Unha tendencia que parece non ter freo e que nos daría pé a pensar que a curtametraxe ten un lugar único para …

‘Rompente’, producido por Zeitun Films, acada o Premio á mellor curtametraxe no Festival de Cine de Málaga

A curtametraxe dirixida por Eloy Domínguez Serén e producida por Zeitun Films, ‘Rompente’, vén de acadar o Premio á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Málaga. Sinopse Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira …