A serie ‘Rapa’, producida por Portocabo, chegará o 19 de maio a Movistar Plus

A serie ‘Rapa’, producida por Portocabo, chegará o 19 de maio a Movistar Plus

A serie producida por Portocabo para Movistar Plus, ‘Rapa’, chegará á plataforma de forma íntegra o vindeiro 19 de maio.

Creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé, con Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva, a serie de seis episodios de 50 minutos finalizou a súa rodaxe en decembro de 2021.

A rodaxe realizouse en Galicia, principalemente nas localidades de Cedeira e Ferrol.

SINOPSE

A Capelada. Unha terra antiga, de altos cantís sobre o mar, onde os cabalos viven libres. Salvo un día: o da rapa dás bestas. A rapa é unha tradición que sintetiza o belo e o salvaxe dun territorio polo xeral tranquilo, pero que vai ser escenario dun crime. Buscar ao asasino de Amparo Seoane, a alcaldesa da localidade, será o obxectivo común de Tomás –profesor frustrado– e Maite, unha sarxento da garda civil. E converterase en algo máis: unha boa razón para vivir.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies