Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?”

Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?”

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro mércores 27 de abril unhas xornadas de formación dedicadas a analizar aspectos relacionados coa produción executiva e dirección audiovisual por parte de voces tan destacadas como Chelo Loureiro, Paula Cons, Ruth Chao ou Jaione Camborda.

Baixo o título: “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?” abordaranse cuestións como o papel da muller no sector audiovisual, a multitarefa ou a necesidade de ter que elixir ou asumir varias funcións por parte dunha mesma persoa.

As xornadas levaranse adiante de forma presencial no salón de plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra(Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra) ás 18h.

Esta actividade é de balde ate completar aforo pero precisa dunha inscrición previa que xa se pode realizar premendo no enlace.

O programa está composto polo visionado dunha peza documental de 26 minutos de duración que leva por título ‘Elas, produtoras executivas’, seguido dunha mesa de debate na que catro mulleres cineastas, produtoras e directoras, contarán as súas experiencias nun debate moderado por Uxía Caride.

Programa

  • Mércores 27 de abril, ás 18:00 h, no salón de plenos do Pazo provincial Deputación de Pontevedra(Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra).
  • Proxección do documental Elas, produtoras executivas(26 min)
  • Mesa de debate: “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?”
    • Ruth Chao, produtora e directora.
    • Chelo Loureiro, produtora e directora.
    • Paula Cons, produtora e directora.
    • Jaione Camborda, produtora e directora.
    • Modera: Uxía Caride, xerente de Agapi.

Esta actividade está organizada por AGAPI en colaboración coa Deputación de Pontevedra dentro das súas actividades da Escola de Igualdade María Vinyals.

Para máis información: Web

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies