A curtametraxe dirixida por Eloy Domínguez Serén e producida por Zeitun Films, ‘Rompente’, vén de acadar o Premio á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Málaga.
Sinopse
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.