A curtametraxe de ficción ‘Rompente’ terá a súa estrea en Galicia este venres, 6 de maio, ás 21h no Auditorio de Rianxo, logo do seu paso polo Festival de Málaga, onde acadou a Biznaga de Plata á mellor curtametraxe do certame andaluz.
Producida por Zeitun Films e dirixida por Eloy Domínguez Serén, ‘Rompente’ conta a historia de Santi, un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.
‘Rompente’ está protagonizada por Soraya Luaces e Sergio Baleirón.