Categoría: Actualidade

O OUFF recoñece á produtora Andrea Vázquez co Premio Chano Piñeiro 2024

O Ourense Film Festival (OUFF) concederá na súa 29º edición o Premio OUFF Chano Piñeiro á produtora Andrea Vázquez, destacando o seu esforzo a prol dun cinema que ao tempo que procura novas formas de expresión reivindica un espazo no mundo sen renunciar á cultura propia. Vázquez atópase detrás de …

O filme ‘Xustiza Artificial’ (Abano Producións) chega ás salas o 13 de setembro

Onte tivo lugar no Teatro Colón da Coruña a preestrea de ‘Xustiza Artificial’, un filme dirixido por Simón Casal e producido por Abano Producións (Chelo Loureiro), Tornasol Media e Ukbar Filmes. Conta no seu elenco artístico con Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas, Alba Galocha, Santi Prego e Paula Morado. …

Estrea da última temporada de ‘Rapa’ (Portocabo), 12 de setembro en Movistar+

O vindeiro 12 de setembro chegará a Movistar+ a última temporada de ‘Rapa’. Javier Cámara e Mónica López volverán protagonizar os seis novos episodios da serie de Movistar Plus+ creada por Pepe Coira e Fran Araújo. Os personaxes de Tomás (Cámara) e Maite (López) teranse que enfrontar a unha acusación …

Xa está en marcha en Vilardevós a rodaxe de ‘Tralovento’, producida por Zeitun Films

No mes de abril déronse os primeiros encontros entre o Concello de Vilardevós, o director Eloy Domínguez e o equipo da produtora galega Zeitun Films, atraídos polas paisaxes e o patrimonio da zona, para a rodaxe da película ‘Tralovento’. O filme ródase tamén en Verín, Cualedro, Laza, Monterrei e na …

Comunicado conxunto das asociacións profesionais audiovisuais sobre o novo anteproxecto de Lei de Medios Públicos da Xunta /CRTVG

A Mesa do Audiovisual Galego, que aglutina as organizacións profesionais galegas representativas do sector audiovisual, manifesta conxuntamente a súa preocupación ante o borrador de Anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia para a Sociedade Dixital presentado polo Consello da Xunta e actualmente en período …

O filme ‘Prefiro condenarme’ seleccionado no First Look do Festival Internacional de Locarno

O Festival de Locarno deu a coñecer os seis proxectos independentes españois seleccionados que forman parte do festival na sección First Look, sección coñecida como ‘work in progress’. A iniciativa desenvólvese do 9 ao 11 de agosto dentro do Festival e conta co apoio de ICAA e ICEX. O filme …

O filme ‘La Parra’, producido por Filmika Galaika, chegará aos cines en decembro

O filme ‘La Parra’, dirixido por Alberto Gracia e producido por Filmika Galaika chegará o vindeiro 13 de decembro ás salas comerciais da man da distribuidora Begin Again. Sinopse: Damián participa nun concurso televisivo onde premian a literalidade. Colocáronlle o seu nome na camisa. Cando o programa vai a publicidade, …

O proxecto ‘Caso Couso’ (Recrea Films) é recoñecido con dous premios no Conecta Fiction & Entertainment 2024

O proxecto de serie documental #CasoCouso, que será producido por Recrea Films, foi seleccionado na octava edición do Conecta Fiction & Entertainment 2024 na categoría Pitch Docudrama Series no que foi recoñecido con dous galardóns converténdose no proxecto español máis premiado. -Premio CMMedia, consistente na produción dun clip promocional libre …

Rosa Moledo recolle o III Premio de Honra Dolores Ben nun emotivo acto celebrado en Cinemar

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) entregou o martes 18 de xuño, o III Premio de Honra Dolores Ben á tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo. A entrega do galardón tivo lugar en Cinemar Films, estudo cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, emprazado no polígono de Novo Milladoiro moi …

‘O Soño da Sultana’, producido por Abano Producións, gaña o GRAN PRIX CONTRECHAMP Festival de Annecy

‘O Soño da Sultana’ película de animación dirixida por Isabel Herguera e producido por Abano Producións vén de ser recoñecida co GRAN PRIX CONTRECHAMP no Festival de Annecy, o festival de animación máis importante do mundo. O filme está producido por Abano Producións, O Gatoverde Producións, Sultana Films SL, Uniko …