O Ourense Film Festival (OUFF) concederá na súa 29º edición o Premio OUFF Chano Piñeiro á produtora Andrea Vázquez, destacando o seu esforzo a prol dun cinema que ao tempo que procura novas formas de expresión reivindica un espazo no mundo sen renunciar á cultura propia. Vázquez atópase detrás de filmes galegos de gran proxección internacional, como “O que arde” ou “O Corno”.
O galardón procura premiar figuras do audiovisual galego que se caracterizan polo afán emprendedor desde Galicia. Vázquez destácase por ser unha das produtoras detrás de fimes galegos con gran proxeción nacional e internacional, ao fronte da productora Miramemira, onde desenvolve proxectos que marcarán o futuro do audiovisual galego, mitos deles firmados por outras mulleres. O Ourense Film Festival recoñece así a súa labor para “dar oportunidades a valores novos” do cinema en Galicia e a reivindicación de “contornas propias de empresión e debate, a prol da igualdade de xénero na expresión audiovisual”.
Actualmente Andrea Vázquez está ao cargo da produtora galega Miramemira e atópase traballando en varios filmes; “Estrany Riu”, ópera prima de Jaume Claret en coproducción con Zuzú Cinema; na post produción da película “San Simón” de Miguel A. Delgado e na pre produción da longametraxe de Diana Toucedo “Querer vivir un grito” e do documental “Ana máis nós”, de María Yáñez.