Xa abrimos a convocatoria para a III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, o noso programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que teñan entre mans un proxecto orixinal, de longametraxe ou serie, de ficción, animación ou documental, en galego ou castelán, para cine ou televisión. Os proxectos ou as persoas candidatas deben ter un vínculo demostrable con Galicia ou a cultura galega.
A convocatoria para presentar proxectos estará aberta dende o 10 de setembro ata o 6 de outubro ás 13:59 horas.
Un comité de tres produtoras executivas seleccionará un total de 5 proxectos para que durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.
Os proxectos deberán presentarse a través do formulario que poderedes atopar: aquí.
AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do AGADIC a través da liñá de subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, convocadas neste mesmo ano 2024.