Jaione Camborda (Esnatu Zinema) galardoada coa concha de Ouro do pasado Festival de Cinema de San Sebastián, presidirá o Xurado Oficial da 72.ª edición do Zinemaldia, que dará comezo o vindeiro venres.
Acompañarán á autora de “O Corno” a escritora e xornalista arxentina Leila Guerriero, o actor e director estadounidense Fran Kranz, Premio da Mocidade de 2021 con “Mass”, o cineasta grego Christos Nikou, que competiu o ano pasado na Sección Oficial; o director austríaco Ulrich Seild, que presentou o seu filme “Sparta” en San Sebastián 2022; e a produtora francesa Carole Scotta.