‘O Soño da Sultana’, producido por Abano Producións, gaña o GRAN PRIX CONTRECHAMP Festival de Annecy

‘O Soño da Sultana’, producido por Abano Producións, gaña o GRAN PRIX CONTRECHAMP Festival de Annecy

‘O Soño da Sultana’ película de animación dirixida por Isabel Herguera e producido por Abano Producións vén de ser recoñecida co GRAN PRIX CONTRECHAMP no Festival de Annecy, o festival de animación máis importante do mundo.

O filme está producido por Abano Producións, O Gatoverde Producións, Sultana Films SL, Uniko e Fabian&Fred, ten a Filmin como distribuidora en España.

‘O Soño da Sultana’ é un conto feminista indio escrito en 1905 por Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos que está en Ahmedabad para romper co seu amante indio Àmàr. Casualmente entra nunha librería onde descobre Sultana’s Dream, unha novela escrita en 1905 por Rokeya Hossain na que se relata sobre un país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia e a actitude transgresora da autora, Inés decide facer unha película. A partir deste intre a historia de Inés e a de Rokeya Hossain discorren paralelamente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies