Autor: agapi

PuntoGal e Agapi asinan un convenio de colaboración

Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González e de Agapi, a Asociación Galega de Produtores Independentes, Felipe Lage Coro, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Agapi se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos …

Verín acollerá a estrea en autocine de “María Solinha”, de Ignacio Vilar

O concello de Verín acollerá a primeira proxección de autocine coa estrea da película “María Solinha”, de Ignacio Vilar, o próximo 21 de xuño, nun dos aparcamentos gratuítos do centro urbano. A estréaa da película acudirá o propio director e algúns dos artistas que participan no filme. “O compromiso de …

Os gañadores dos Premios Celtic Media Festival, aos que optan dez producións da CRTVG, coñeceranse o 11 de xuño de xeito virtual

A edición de 2020 do Celtic Media Festival, que se ía celebrar do 4 ao 6 de xuño na localidade francesa de Quimper e a cuxos prestixiosos premios optan dez producións da CRTVG (7 candidaturas da TVG e 3 da Radio Galega), resolverase finalmente de xeito virtual, debido ás restricións …

Conferencia online 20 de maio, ‘A realidade despois do COVID-19: un novo reto para a industria documental’

DocsBarcelona presenta unha conferencia online para o próximo 20 de maio, ‘A realidade despois do COVID-19: un novo reto para a industria documental’, unha mesa redonda na que se abordará o escenario que espera á industria audiovisual tras o confinamento. A directora xeral do ICAA, Beatriz Navas, e Lucía Recalde, …

Taller online: Marketing Dixital de cine

Oficina MEDIA España e The Film Agency (axencia e consultoría de márketing especializada en cinema, creada para ofrecer solucións estratéxicas e innovadoras a produtores, axentes de vendas internacionais, distribuidores e exhibidores de todo o mundo) impartirán o vindeiro mércores 20 de maio un novo taller online dirixido aos produtores, distribuidores, …

A película ‘La Isla de las Mentiras’ estréase o 14 de maio en Arxentina

O filme ‘La isla de las mentiras’, producido por Agallas Films e dirixido por Paula Cons, estrearase o 14 de maio en Arxentina na plataforma do INCAA (Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais). Sinopse: A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, no medio dunha espesa néboa o vapor …

‘María Solinha’ estrearase con dúas proxeccións ao aire libre en Redondela e Cangas

A película de María Solinha é unha das máis agardadas deste 2020. A crise do coronavirus paralizou o sétimo arte. Obrigou a cancelar a preestrea para o 15 de maio. Sen embargo, o seu director, Ignacio Vilar, apostou por mudar ese plan inicial co obxectivo de que a sociedade galega …

A produtora Zeitun Films grava o primeiro oso en 150 anos no Macizo Central ourensán

A produtora Zeitun Films, coa que está a dirixir a súa próxima película, Montaña ou Morte, o cineasta Pela del Álamo, vén de anunciar que as cámaras automáticas de fototrampeo colocadas en diversas localizacións do Parque Natural dos Montes do Invernadeiro, no Macizo Central ourensán, rexistraron “reiteradamente” a presenza dun …

A CRTVG acorda a súa participación en sete novos proxectos

A CRTVG acordou a súa participación en sete novos  proxectos cinematográficos, seis longametraxes de ficción e documentais, e unha TV movie sobre a figura de Sofía Casanova, nunha decisión enmarcada no conxunto de medidas deseñadas para reforzar o compromiso coa industria audiovisual galega e nunha medida anticipada debido a conxuntura …

A CRTVG selecciona o proxecto “Tralo Coronavirus” de M International Audiovisual

A CRTVG seleccionou o proxecto ”Tralo Coronavirus”, da produtora M International Audiovisual, como documental sobre a Covid-19 que a canle pública contratará dentro das súas medidas de apoio ao sector audiovisual anunciadas en abril. Neste marco, a CRTVG activou o pasado 17 de abril un procedemento para a selección de …