A CRTVG selecciona o proxecto “Tralo Coronavirus” de M International Audiovisual

A CRTVG selecciona o proxecto “Tralo Coronavirus” de M International Audiovisual

A CRTVG seleccionou o proxecto ”Tralo Coronavirus”, da produtora M International Audiovisual, como documental sobre a Covid-19 que a canle pública contratará dentro das súas medidas de apoio ao sector audiovisual anunciadas en abril.

Neste marco, a CRTVG activou o pasado 17 de abril un procedemento para a selección de propostas para a contratación dun documental de actualidade relacionado coa Covid-19, elixido nunha reunión da Comisión de análise e valoración da CRTVG. Esta liña de apoio ao sector audiovisual é pública no Portal de Transparencia da Corporación.

”Tralo Coronavirus”, que dirixirá  Mercedes García-Nieto, foi escollido tanto pola súa estrutura narrativa e o seu enfoque humano e vivencial como pola viabilidade da súa fórmula de produción, a utilización do Arquivo da CRTVG e a participación de testemuñas da primeira liña de batalla.

O prazo para a recepción de propostas rematou o pasado 28 de abril cun total de dez proxectos rexistrados, o que amosa unha extraordinaria creatividade e profesionalidade por parte do sector audiovisual en Galicia. A Comisión de análise e valoración da CRTVG estudou todas as ideas e propostas, cun amplo abano de enfoques e puntos de vista: xornalísticos, de investigación, pedagóxicos, experimentais, sociais e humanos. A clave foi detectar unha proposta que reflectira como o ano 2020 marcará un antes e un despois, como foi ese tempo no que moitos profesionais non deixaron de traballar por todos en ningún momento, asumindo riscos para salvar vidas e para acompañar esta situación tan excepcional.

O proxecto ”Tralo Coronavirus” reúne o necesario nun documental de actualidade dirixido ao gran público e para emitir nunha franxa de gran consumo, con dous ingredientes fundamentais para narrar o excepcional momento actual: as noticias que foron marcando a cronoloxía dos feitos e as historias reais dos galegos a través dos seus testemuños, entrelazando entrevistas e momentos decisivos para narrar a evolución dos feitos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies