A película ‘La Isla de las Mentiras’ estréase o 14 de maio en Arxentina

A película ‘La Isla de las Mentiras’ estréase o 14 de maio en Arxentina

O filme ‘La isla de las mentiras’, producido por Agallas Films e dirixido por Paula Cons, estrearase o 14 de maio en Arxentina na plataforma do INCAA (Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais).

Sinopse: A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, no medio dunha espesa néboa o vapor Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Buenos Aires, afundiuse fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora. Esa noite non había homes na illa, estaban a celebrar o Nadal en terra firme. A única esperanza dos sobreviventes que loitaban por non estrelarse contra as rocas eran as poucas mulleres, vellos e nenos que vivían neste lugar. Tres novos insulares, María ( Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden lanzarse ao mar nunha pequena embarcación tradicional. Remando só de oído, debido á espesa néboa e á noite pechada, logran salvar a 50 persoas. Todo o que ocorre desde esa noite vai sacudir e cambiar para sempre a esta illa. Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pero aos poucos comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades” na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies