Oficina MEDIA España e The Film Agency (axencia e consultoría de márketing especializada en cinema, creada para ofrecer solucións estratéxicas e innovadoras a produtores, axentes de vendas internacionais, distribuidores e exhibidores de todo o mundo) impartirán o vindeiro mércores 20 de maio un novo taller online dirixido aos produtores, distribuidores, creativos ou emprendendores do sector cinematográfico no seu conxunto.
A sesión centrarase nos cambios que se aveciñan na industria do cinema e en como ver as súas oportunidades a través do márketing dixital.
DATA: Mércores 20 de maio.
HORARIO: 11.00h a 13.00h (hora peninsular).