Mañá, mércores 29 de abril, terá lugar un Taller online sobre ‘Marketing cinematográfico en etapa de dessenvolvemento‘, impartido por Oficina MEDIA España e a consultora especializada en marketing The Film Agency.

Data: 29 de abril de 2020.

Horario: 12.00 a 13.00 h.

Lugar: En liña, a través de BlueJeans (sen rexistro): o enlace de acceso publicarase nesta nova da web da Oficina Media (recoméndase o visionado a través do navegador Google Chrome).

Imparten: Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España; Sarah Calderon, directora de The Film Agency, e Raquel Cabrera, directora de Estratexia de The Film Agency.

Dirixido a: profesionais da produción e dirección audiovisual, así como guionistas e creativos.

Contido: A sesión centrarase na elaboración dunha estratexia de márketing sólida e coherente en etapas de desenvolvemento do proxecto.