DocsBarcelona presenta unha conferencia online para o próximo 20 de maio, ‘A realidade despois do COVID-19: un novo reto para a industria documental’, unha mesa redonda na que se abordará o escenario que espera á industria audiovisual tras o confinamento. A directora xeral do ICAA, Beatriz Navas, e Lucía Recalde, xefa da Unidade Europa Creativa MEDIA na Comisión Europea, estarán entre as persoas que compartirán as súas opinións.
O evento estará moderado por Àlex Navarro, coordinador de Europa Creativa Desk – MEDIA Catalunya, e contará coa participación de Beatriz Navas, directora xeral do ICAA; Lucía Recalde, xefa da Unidade Europa Creativa MEDIA na Comisión Europea; Miquel Curanta, director de ICEC; e Valérie Delpierre, produtora de Inicia Films e presidenta de Prol- Docs.
A conferencia será en castelán e celebrarase o mércores 20 de maio ás 16:00 horas. Podedes rexistrarvos no link.