Verín acollerá a estrea en  autocine de “María  Solinha”, de Ignacio Vilar

Verín acollerá a estrea en autocine de “María Solinha”, de Ignacio Vilar

O concello de Verín acollerá a primeira proxección de autocine coa estrea da película “María Solinha”, de Ignacio Vilar, o próximo 21 de xuño, nun dos aparcamentos gratuítos do centro urbano. A estréaa da película acudirá o propio director e algúns dos artistas que participan no filme.

“O compromiso de Verín co cinema”, sinalou o director do filme, Ignacio Vilar, “mantendo unha sala de exhibicións pública e os seus enormes espazos de aparcamento no centro fixéronnos pensar nesta vila como lugar ideal para esta nova tendencia na exhibición cinematográfica: o autocine é o futuro”.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, afirmou que “xa que temos os espazos, estratexicamente situados, imos facer un experimento para ver si podemos atraer público para unha actividade permitida polos protocolos sanitarios, segura e que sirva para dinamizar con seguridade as actividades en Verín”. O proxecto, desenvolto coa colaboración de Vía Láctea Filmes “conta cos permisos de exhibición específicos e a licenza de autocine, e coa correspondente frecuencia de FM para que cada vehículo, na súa propia radio, escoite a banda sonora con total calidade e illados no coche”, explicou Seoane.

O aparcamento libre central de Verín conta cunha capacidade de ata 300 vehículos, cuxas prazas serán delimitadas para a proxección, que se poderá seguir desde os vehículos, sen necesidade de contacto físico algún nin de baixarse dos coches. “Contactaremos cos hostaleiros para tentar de implicalos na iniciativa”, explicou a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, “de maneira que exploren a posibilidade de servir un ‘menú autocine’ que se poida consumir nos coches, ou de montar algún tipo de apoio ao evento”. “Hai que ter en conta que, se o proxecto funciona, pensamos darlle continuidade ao longo do verán, para atraer a público de toda a provincia”, anticipou Somoza.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies