Autor: agapi

Aberto o prazo de inscrición na VIII edición do Conecta+

Xa está aberto o prazo de inscrición na VIII edición do CONECTA PLUS, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC, Deputación de Pontevedra e a Fundación SGAE. Será o 10 de decembro de 2022, este ano …

Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 25 a 27 de novembro. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia. Agapi coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón …

A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha nova charla gratuíta sobre o proceso de escritura na serie ‘Toy Boy’

A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha nova charla gratuíta en colaboración con DAMA “A PRIMERA PEDRA: ESCRIBIR E O QUE VEÑA”. Desta volta falarán da relación entre o guión e a montaxe, e contarrán coa participación dos guionistas Pablo Roa e Fernando Sancristóbal e co supervisor de montaxe Ángel …

O 21 de outubro chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova película de animación do galego Alberto Vázquez

O 21 de outubro chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova película de animación do galego Alberto Vázquez, producida por Abano Producións (Chelo Loureiro). Logo do seu exitoso paso por prestixiosos festivais como Annecy ou o Festival de Sitges, a película chega ás salas de toda España o vindeiro venres. …

Agapi relanza a canle de youtube con novos contidos

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) reforza a súa presencia en youtube con unha canle de contidos audiovisuais. A canle AGAPI_COMUNICA pon a disposición dos usuarios un total 20 xornadas formativas agrupadas en listas temáticas sobre ‘Financiamento e xestión de proxectos no audiovisual‘, ‘Coprodución e mercado internacional‘, ‘Audiovisual e educación‘ …

Continúa o roteiro de ‘Elas, produtoras executivas’ por diferentes institutos públicos da provincia da Coruña

O roteiro de ‘Elas, produtoras executivas’ que deu comezo hai unhas semanas contiúa o seu percorrido por diferentes institutos públicos da provincia da Coruña. Esta iniciativa de empoderamento femino conta coa subvención da Deputación da Coruña e permite achegar o visionado dun documental seguido dun coloquio a seis institutos públicos …

Agapi e Agadic ofrecen unha xornada formativa sobre distribución e vendas audiovisuais

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 24 de outubro unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos relacionados coa distribución e vendas de produtos audiovisuais. Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións Galicia Pro Filme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias …

A película de animación ‘Unicorn Wars’, producida por Abano Producións,  compite na sección oficial de Sitges

Todos os ollos do Festival de Sitges están postos en ‘Unicorn Wars’, do coruñés Alberto Vázquez, que compite na sección oficial cunha proposta de autor, que introduce a tenrura na máis profunda escuridade.   “É unha mestura de Apocalypse Now, Bambi e a Biblia, ten aspectos das tres. Pero tamén …

Webinar sobre métricas de datos, interpretación e resultados

O vindeiro 17 de outubro, das 10 ás 12h, terá lugar o webinar “Métricas de datos, interpretación e resultados” organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do …

O 11 de outubro estréase a última curtametraxe de Kraken Films, “Compañeiros”, na XXIII Mostra de Curtas de Noia”

A XXIII edición da Mostra de Curtas de Noia terá lugar entre os días 11 e o 22 de outubro. O certame audiovisual arrincará cunha gala inaugural no Coliseo Noela na que renderán unha homenaxe póstuma ao actor, humorista e presentador Pedro Brandariz, recentemente falecido, pola súa achega a este …