Xa está aberto o prazo de inscrición na VIII edición do CONECTA PLUS, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC, Deputación de Pontevedra e a Fundación SGAE. Será o 10 de decembro de 2022, este ano como novidade, a actividade será na cidade de Pontevedra.
Despois das edicións de 2020 e 2021 que tiveron lugar de forma telemática, neste 2022 recupérase a presencialidade que tanto precisa este encontro.
Como en anos anteriores, no Conecta + haberá a ocasión de presentar proxectos en reunións un-a-un aos máis destacados produtores e produtoras de Galicia, así como a unha escolla de produtores e produtoras punteiras de fóra de Galicia.
Toda a información necesaria sobre o encontro, así como o formulario de inscrición está dispoñible aquí.
O prazo límite para inscribir proxectos remata o día 28 de novembro ás 23h. Como todos os anos, un xurado composto por membros de CREA, AGAG e AGAPI escollerá os proxectos que se enviarán aos produtores. A lista de proxectos seleccionados farase pública o 7 de decembro.
Como nas tres edicións pasadas, a tarde do Conecta+ estará adicada ao panel de Pitch no que se presentarán os guións subvencionados na última convocatoria de axudas de Talento de AGADIC.
Como novidade, nesta edición o proxecto mellor valorado polas produtoras participantes será automáticamente seleccionada para participar no Conecta Lab.