O vindeiro luns 21 de novembro, das 10 ás 12h, terá lugar a formación en liña sobre audiencias e
novos públicos. Leva por título “Webinar sobre audiencias interactivas e novos públicos” e esta
organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa
AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la
Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro
do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Nesta ocasión Beatriz Fontán será a encargada de impartir esta formación. Beatriz conta co
Máster en Dirección Comercial e Marketing e Máster en Producción e Xestión Audiovisual e está
especializada en marketing cultural. Desenvolve a súa carreira nas áreas de comunicación,
produción, xestión e mercadotecnia. Entre outras compañías ten traballado no Grupo Prisa, El
Mundo e as produtoras galegas Filmax, Ficción Producións, Milú Films e Continental Producións,
coordinando tamén o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela
“Curtocircuito”. Actualmente imparte formación en materia de xestión de públicos, estratexia e
comunicación efectiva para profesionais independentes e PEMES.
Este Webinar impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar
aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 18
novembro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.
Este é o terceiro e último dunha serie de webinars que están destinados a promover e mellorar
competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspectos
innovadores con especial interés no coñecemento de novas audiencias.
