AGAG organiza un curso de interpretación para actores, actrices, guionistas e directores/as

AGAG organiza un curso de interpretación para actores, actrices, guionistas e directores/as

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), organiza o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as. Con esta actividade búscase atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista.

Actores, actrices, guionistas e directores/as traballan na mesma maquinaria: a industria do cine, o teatro ou a televisión. E, a pesar de que son patas da mesma mesa, ás veces falan idiomas moi distintos. “Do guión á rodaxe” busca romper esa burbulla, e que cada departamento aprenda dos seus respectivos compañeiros e compañeiras.

O curso terá lugar os días 25 e 26 de febreiro no Siliria Dance Center de Santiago de Compostela. Impartido polo actor, director e guionista Fernando Tato, conta coa participación de Fundación AISGE e AAAG, e a colaboración de CREA, AGAPI e Fundación SGAE.

Máis información no teléfono 620563617 e no correo electrónico de AGAG: coordinación@guionistas.gal.

Información completa do curso

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies