Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente”

Agapi organiza unhas novas xornadas formativas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, baixo o título: “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente”

A Deputación de Pontevedra, desde a Escola de Igualade María Vinyals en colaboración con Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), organiza unha mesa de debate, que terá lugar o vindeiro martes 28 de febreiro, dedicada a analizar aspectos relacionados coa conciliación na produción audiovisual da man de voces tan destacadas coma Paula Cons, Jaione Camborda, Gael Herrera ou Adriana P. Villanueva.

Baixo o título “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente” abordaranse cuestións coma as dificultades á hora de conciliar a vida laboral e familiar, os retos aos que se enfrontan as mulleres embarazadas á hora de organizar a súa substitución no traballo, o papel da muller no sector audiovisual unha vez que é nai, a multitarefa ou a necesidade de ter que elixir entre os coidados ou asumir unha carga extra de traballo poucas veces recoñecida.

Este debate levarase adiante de forma presencial o día 28 de febreiro de 2023 no salón de plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra) ás 19h. Esta actividade é de balde ate completar aforo pero precisa dunha inscrición previa que xa se pode realizar premendo no enlace.

O programa está composto por unha mesa de debate na que catro mulleres cineastas, produtoras, directoras e nais, contarán as súas experiencias como profesionais nun debate moderado por Uxía Caride.

PROGRAMA:

  Mesa de debate:  
  “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente”

  Martes, 28 de febreiro, ás 19:00 h, no salón de plenos do Pazo provincial Deputación de Pontevedra(Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra).

• Adriana P. Villanueva, produtora, directora e nai.
• Gael Herrera, produtora, directora e nai.
• Jaione Camborda, produtora, directora e nai.
• Paula Cons, produtora, directora e nai.

    ◦ Modera: Uxía Caride, xerente de Agapi e docente na USC.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies