AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que presenten un proxecto orixinal de longametraxe ou serie para cine ou televisión, en galego ou en castelán.
A convocatoria para presentar proxectos estará aberta ata o 10 de abril ás 13:59 horas.
Un comité de tres produtoras executivas seleccionará un total de 5 proxectos para que durante os meses de maio, xuño e xullo formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.
O programa AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.