Desde Proxecta organizan unha formación en liña para o luns, 27 de marzo, sobre dereitos de autor e propiedade intelectual. Martín Bello, avogado especialista en propiedade intelectual e industrial será a persoa encargada de impartir esta formación de carácter práctico. En concreto, estudaranse aquelas situacións nas que os dereitos de propiedade intelectual poidan ter unha influencia nas actividades de organización dun festival, tratando de propoñer as mellores prácticas e de anticiparse e dar solucións a posibles problemas.
O horario será de 17.30 a 20 horas.
PREZO ASOCIADAS/OS PROXECTA: 1 matrícula gratuita por festival (1 asociada/o de cada festival) e 8€ para o resto dos asociadas/os. PREZO NON ASOCIADAS/OS: 12€.
Máis información na web de Proxecta.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 23 de marzo, enviando un correo a xerencia@proxecta.org, indicando no asunto “FORMACIÓN: DEREITOS DE AUTOR”