Agapi e Agadic ofrecen unha xornada formativa sobre distribución e vendas audiovisuais

Agapi e Agadic ofrecen unha xornada formativa sobre distribución e vendas audiovisuais

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 24 de outubro unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos relacionados coa distribución e vendas de produtos audiovisuais.

Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións Galicia Pro Filme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións ubicado na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.

Baixo o título: “Distribuidoras e axentes de vendas” abordaranse cuestións como as distribuidoras de cine no panorama actual, o papel dos axentes de vendas ou a xestión das comunidades na explotación cinematográfica.

A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 23 de outubro, indicando-Nome e apelidos e enderezo electrónico.

PROGRAMA

‘Distribuidoras e axentes de vendas’

24 de outubro de 2022

Museo das peregrinacións, Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela

10.30h. Inauguración.

10.45h.- 11.30h. As distribuidoras de cine no panorama actual. Relatora: Lara P. Camiña, presidenta de ADICINE e socia fundadora en BTeam Pictures.

11.30h.-12.15h. O papel dos Axentes de vendas. Relator: David Castellanos, director de Cinema Republic.

12.15h.-12.45h. Descanso.

12.45h.-13.30h. Como chegar aos espectadores? Xestión de comunidades na explotación cinematográfica. Relator: Rafa Linares, docente, investigador e produtor en Creta Producciones.

13.30h.-14h. Quenda de preguntas.