O vindeiro 17 de outubro, das 10 ás 12h, terá lugar o webinar “Métricas de datos, interpretación e resultados” organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Andrea Villa será a encargada de impartir esta formación. Andrea é Licenciada en Xornalismo, Master en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais. Ten unha dilatada experiencia profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Festival de Cine Internacional de Ourense. Responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital “Antes de perder”, (Cósmica Producións e Playz, RTVE).
A formación impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 14 outubro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico. Este é o segundo dunha serie de webinars que están destinados a promover e mellorar competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspectos innovadores con especial interés no coñecemento de novas audiencias